Banner Web _ Vilancicos_ESTRECHO_ciudades 2.jpg
VILANCICOS DE GALEGOS
VOX STELLAE
Fondo X21
Descargar programa Vilancicos de Galegos
X21 LOGRecurso 2_4x.png

INFORMACIÓN E RESERVA DE CONVITES:​

NOIA

Venres 30 de xullo | 21:15 h.

Igrexa de San Martiño de Noia

 

Reserva de convites:

Mail: programacionconcellodenoia@gmail.com

Datos: nomes, apelidos, DNI e teléfono de contacto.

Prazo de solicitude: desde o 19 de xullo ata o 30 ás

12:00 h.

Máximo 2 invitacións por persona


MUXÍA

Sábado 31 de xullo | 20.30h.

Santuario da Virxe da Barca

 

Reserva de convites:

Teléfono: 981 742 001 (oficinas municipais)

Datos: nomes, apelidos, DNI e teléfono de contacto

O ciclo constará de dous concertos, ambos en templos especialmente relevantes de diferentes rutas do Camiño de Santiago, a Igrexa de San Martiño de Noia e o santuario da Virxe da Barca de Muxía, o obxecto de difundir contidos en lingua galega, o patrimonio cultural e as rutas de peregrinación xacobeas.

Proxecto, organizado pola Fundación Araguaney-Puente de Culturas, a Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o coro Vox Stellae, está realizado ao abeiro do Fondo de proxectos Xacobeo 21-22 da Consellería de Cultura, Educación e Universidade.

Esta actividade cultural céntrase na forma musical do villancico, a máis propia e predominante do barroco na música ibérica. Aínda que hoxe en día se asocia a unha cantiga de Nadal, a súa orixe está na música dos villanos (viláns), é dicir, a música popular. Os vilancicos procuraban achegarse ao pobo usando temáticas sinxelas, lugares comúns e situacións coñecidas para o público, imitando costumes e o falar de diferentes lugares: vizcaínos, asturianos, casteláns ou cataláns, aínda que os máis populares foron os portugueses, galegos e os vilancicos de negros ou negrillas.

Os compositores da época debían crear obras que contentasen o numeroso público que celebraba as festas do Nadal e o Corpus Christi, asociadas a un rito pouco severo que favorecía o espectáculo e a teatralidade sen perder o carácter evanxelizador. As catedrais comezaron a imprimir os pliegos de villancicos, que contiñan as letras das composicións que se ían escoitar co obxectivo de facilitar o seu seguimento por parte da audiencia. Estes pliegos constitúen unha fonte importantísima no estudo da lingua. Por desgraza só chegou a nós unha pequena parte das partituras asociadas ás letras que se escribían nos pliegos.

 

Os vilancicos de galegos aparecen por toda a Península Ibérica e tamén en América, onde os músicos enviados desde a metrópole mesturaban os estilos compositivos europeos coa tradición musical indíxena. Por tanto, a interpretación destas pezas cobra especial interese desde os puntos de vista musicolóxico e lingüístico, pero nomeadamente desde o estritamente musical. Estes vilancicos conteñen xa as muiñeiras e alboradas que chegaron ao tempo actual a través do folclore de transmisión oral.

Para estes concertos Vox Stellae contará cunha formación vocal e instrumental semellante á que se podería ter usado no século XVII en calquera catedral ibérica. 

FOTO-CORO_WEB.jpg

SOPRANOS: Aida Cruz, Aida López, Cecilia Rodríguez

ALTOS: Óscar Mato, Martín Viaño

TENORES: David Ferreiro, Diego Neira

BAIXOS: Lucas López, Felipe Sar

CORNETO: Ana Pazos

VIOLONCHELO: Daniel Canosa

CONTRABAIXO: Francisco Alonso

GUITARRA BARROCA: Uxía Delgado

ÓRGANO: Erea Branco

PERCUSIÓN: Marcos Mato

DIRECCIÓN: Luís Martínez