4_Baner-Web_Latam22_web.jpg
MOSTRA DE CINEMA LATINOAMERICANO
ARAGUANEY 2022
Do luns 2 ao venres 6 de maio de 2022

Hotel Eurostars Araguaney,
Salón Olivo, Compostela
Descargar programa

Á terceira vai a boa!

Tras a obrigada interrupción de dous anos consecutivos por mor da pandemia, volvemos cargados de ilusión para celebrar a terceira edición da “Muestra de Cine Latinoamericano Araguaney”. Esta iniciativa trata de ofrecer unha visión o máis ampla posible da realidade social e cultural desta parte do planeta, intentando romper estereotipos e achegarnos un pouquiño máis a unha cultura tan próxima e, ao mesmo tempo, tan afastada.


Ghaleb Jaber Martínez.

Presidente da Fundación Araguaney-Puente de Culturas.

Programación

1_Pacto de Fuga_1.jpg
1_Pacto de Fuga_DIR_David Albala.png

PRESENTACIÓN

Luns 25 de abril - 20:00

Hotel Eurostars Araguaney

PACTO DE FUGA (FIC)

David Albala | 2020 | Chile | 138’

Chile. Ditadura de Augusto Pinochet. Medio centenar de presos políticos do Cárcere Público de Santiago planean fuxir do penal. Para iso, deciden cavar un túnel de máis de 80 metros coa única axuda dos pequenos utensilios que tiñan na prisión.

David Albala

 

Nacido en Chile, David é un artista polifacético. Xornalista, orador motivacional, guionista, director de cine e músico de rock. Comezou a súa andaina no mundo do cine co programa documental “Los Patiperros” (TVN) e, máis tarde, tras un accidente que o deixou parapléxico, dirixiu o filme e a serie de televisión “PersPecPlejia” (Canal 13). En 2020 rodou “Pacto de Fuga”, unha das películas chilenas de máis éxito dos últimos anos.

5_La Cordillera de los Sueños_3.jpeg
5_La Cordillera de los Sueños_DIR_Patricio Guzmán.jpg

Patricio Guzmán

Patricio Guzmán é un veterano director chileno residente en Francia. Fíxose mundialmente famoso, na década dos 70, trala fuxida do golpe de Estado de Pinochet e a posterior publicación, desde o exilio, da súa mellor obra: a triloxía documental “La batalla de Chile”.

3_Los Sonámbulos_1.jpeg
3_Los Sonámbulos_DIR_Paula Hernández.jpg

Paula Hernández

Paula Hernández é unha directora e guionista bonaerense con diversos filmes e curtametraxes no seu currículo. Tras varios anos de inactividade, regresou recentemente ao mundo do cine con dúas aclamadas historias sobre as relacións familiares: o brillante drama “Los sonámbulos” (2019) e a emotiva “Las siamesas” (2020).

Luns 2 de maio - 20:00

Hotel Eurostars Araguaney


LA CORDILLERA DE LOS SUEÑOS (DOC)

Patricio Guzmán | 2019 | Chile | 93’

Patricio Guzmán, director do filme, fuxiu de Chile hai máis de corenta anos cando a ditadura militar substituíu ao Frente Popular. Dende o exilio, as súas lembranzas sempre percorreron a cultura e a sociedade do país, proxectadas nun espazo xeográfico claro que enchía o seu corazón: a cordilleira dos Andes.

Premios

Premio Goya 2022,

Mellor Película Iberoamericana.

Martes 3 de maio - 20:00

Hotel Eurostars Araguaney

LOS SONÁMBULOS (FIC)

Paula Hernández | 2019 | Arxentina | 107’

Un matrimonio en crise e a súa filla adolescente viaxan á casa de campo familiar para pasar a festa de fin de ano. Unha vez alí, o que prometía ser unha entrañable data, desembocará nunha espiral de discusións, ameazas e liortas.

Premios

Festival de Cine da Habana 2019,

Mellor película. 
Premios Sur Argentina 2019,

Gañadora de 5 categorías,

incluíndo mellor película e dirección.

4_Bucarau_1.jpeg

Mércores 4 de maio - 20:00

Hotel Eurostars Araguaney


BACURAU (FIC)

Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles | 2019 | Brasil | 132’

A vida cotiá dunha vila brasileira vese interrompida por unha serie de sucesos estraños. A comunidade local deberá unirse para afrontar a sucesión de desgrazas que teñen lugar neste trepidante filme.

Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles

Os directores brasileiros Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles volveron xuntarse para dirixir e guionizar este aclamado filme que gañou numerosos premios, entre os que destaca o do xurado de Cannes. A pesar da súa recorrente colaboración nos últimos anos, “Bacurau” é a primeira película na que ambos comparten dirección e guión.

Premios

Festival de Cannes 2019,

Premio do Xurado
Festival de Cine Latinoamericano de Montreal 2019, Premio do Público
Toronto Film Critics Association Awards 2021,

Mellor filme en lingua estranxeira

4_Bucarao_DIR_Kleber Mendonça Filho e Juliano Dornelles.jpg
57744236_101.jpeg
2_Cholitas_DIR_Jaime Murciego.jpg

Jaime Murciego

Realizador freelance. Durante a súa carreira profesional traballou para distintos medios de comunicación como Atresmedia ou Zeppelin TV. En 2016, despois de ler un artigo sobre as “Cholitas escaladoras”, decide poñerse en contacto con elas e viaxar ata Bolivia para facerse eco dunha historia que merecía ser contada.

Xoves 5 de maio - 20:00

Hotel Eurostars Araguaney

CHOLITAS (DOC)

Jaime Murciego | 2019 | Bolivia | 82’

Cinco mulleres indíxenas bolivianas protagonizan unha expedición única. Como símbolo de liberación e empoderamento, propóñense escalar a montaña máis alta de América.

Premios

Banff Mountain Film Festival 2019,

Mención Especial.

6_La Civil_1.jpeg

Venres 6 de Maio - 20:00

Hotel Eurostars Araguaney


LA CIVIL (FIC)

Teodora Ana Mihai | 2021 | México, Bélxica, Romanía | 140’

“La Civil” relata a historia dunha nai e a busca da súa filla, secuestrada por unha banda criminal. Este drama inspírase na historia real da activista Miriam Rodríguez que, trala desaparición da súa filla, decidiu emprender a súa busca, enfrontándose aos cárteles da zona. 

6_La Civil_DIR_Teodora Ana Mihai.jpg

Teodora Ana Mihai

Teodora Mihai é guionista e directora de cinema. Nada en Romanía, pronto se trasladaría a Bélxica coa súa familia. Durante a súa adolescencia, tivo a oportunidade de estudar en California onde comezou a súa paixón pola sétima arte. No 2014, debutou como directora co galardoado documental “Waiting for August”. Anos máis tarde, estrearíase coa súa primeira longametraxe de ficción: “La Civil” (2021).

Premios

Festival de Cannes 2021,

Premio “Un certain regard”. 
Festival de Cine Iberoamericano de Huelva 2021,

Colón de Plata á mellor actuación.