top of page
5_Banner_Microsite_Cinema Baixo as Bombas.jpg
Baixo as Bombas
CICLO DE CINEMA
DEPUTACIÓN DA CORUÑA

Do 10 ao13 de novembro de 2025 

Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

Inscricións:

​

  • Entrada de balde ata completar aforo.

  • Indispensable confirmar asistencia no enderezo info@fundacionaraguaney.org (nome + teléfono)

O ciclo CINEMA BAIXO AS BOMBAS é o novo ciclo de cinema que xorde da colaboración entre a Deputación da Coruña e a Fundación Araguaney-Puente de Culturas. Desde 1984, a fundación, unha organización con sede en Santiago de Compostela, traballa para fortalecer o diálogo intercultural e a comprensión entre diferentes pobos, coa misión de achegar Oriente e Occidente. 

​

Nesta edición de 2025, o ciclo CINEMA BAIXO AS BOMBAS nace co propósito de afondar nos conflitos bélicos actuais. Nun instante no que varios países sofren as consecuencias de guerras, invasións e violencia prolongada, búscase transcender os titulares e as narrativas oficiais para poñer o foco nas historias e experiencias dos pobos que viven baixo a sombra da guerra. Deste xeito, dáselle a voz a quen, desde a imaxe e a memoria, continúa a resistir e a reclamar xustiza.  

​

O ciclo tamén quere visibilizar a través dunha selección de filmes o perigo que supón a guerra e as consecuencias que deixa na poboación civil. Moitas das historias proxectadas exploran o trauma psicolóxico, a perda de fogar e a violencia, subliñando que as feridas máis profundas non sempre son visibles. Estes relatos actúan como un testimuño vivo do custo humano dos conflitos, lembrándonos que detrás de cada estadística hai unha vida, unha familia e unha memoria que resiste a ser silenciada. 

A Fundación Araguaney reafirma o seu compromiso coa cultura como unha ferramenta de transformación social, un medio para o entendemento mutuo e unha defensa inquebrantable da dignidade humana. Nun momento en que a desinformación e a indiferenza ameazan con silenciar as vítimas, o cinema convértese nunha poderosa arma para a empatía e o imaxinario colectivo. 

​

Mantendo o espírito itinerante que caracteriza os proxectos da Fundación Araguaney, o ciclo CINEMA BAIXO AS BOMBAS pon de manifesto o poder do cinema para preservar a memoria, testemuñar o sufrimento e abrir espazos para a esperanza e a resistencia cultural mesmo en contextos de devastación. Deste xeito, ao achegar estas historias ao público galego, se promove un diálogo colectivo en torno á paz, a solidariedade e os dereitos humanos e se reflexiona sobre a responsabilidad de construír un mundo máis xusto e pacífico. 

​

#ACULTURAÉUNDEREITO

​

3.png
Erasmus en Gaza_DOC.jpg

Luns 10 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

ERASMUS EN GAZA (DOC) 

Chiara Avesani

2022 | España | 88´  ​

​

​Riccardo, un estudante de medicina italiano no seu último ano de carreira, vaise de Erasmus a Gaza para especializarse en cirurxía de guerra e escribir a súa tese. Para entrar na zona de conflito precisa o permiso de tres autoridades: o exército israelí, a Autoridade Palestina e Hamás. Unha vez alí, a presión e a inminencia da guerra fan que comece a sufrir ataques de pánico. Isto mellora a medida que Riccardo fai amizade con algúns mozos palestinos, que lle aconsellan como xestionar a súa ansiedade. Pero cando a guerra se reaviva, Riccardo ten que tomar moitas decisións difíciles. â€‹

​

TRAILER​​

20 Days in Mariupol_DOC.jpg

Martes 11 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

​20 DAYS IN MARIUPOL (DOC)  

Mstyslav Chernov

2023 | Ucrania, Estados Unidos | 97’ â€‹

​

Este documental, dirixido por Mstyslav Chernov, ofrece un testemuño brutal e de primeira man da invasión rusa en Ucraina en 2022, centrándose no asedio de Mariúpol. Durante 20 días, o filme amosa a crúa realidade de hospitais saturados, fosas comúns e a total destrución de infraestruturas pola constante ofensiva rusa. É un retrato imprescindible e conmovedor da resistencia e do terror, capturando a historia que o mundo puido coñecer grazas ao risco asumido por estes xornalistas. â€‹

​

TRAILER

​

Flee_FIC.jpg

Mércores 12 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

FLEE (ANIMACIÓN) 

Jonas Poher Rasmussen

2021 | Dinamarca, Francia, Noruega, Suecia, Reino Unido, Estados Unidos | 90’

​
A través dunha animación poética, Flee narra a historia real de Amin Nawabi, un refuxiado afgán que vive en Dinamarca. Por primeira vez, decide compartir o doloroso e perigroso camiño que tivo que percorrer ca súa familia cando fuxen do seu país pola invasión das tropas soviéticas. Desde a súa infancia en Kabul, pasando pola fuxida cara a Moscova e os anos de incerteza, ata a súa chegada a Dinamarca. â€‹

​

TRAILER

​

​

The man who sold his skin_FIC.jpg

Xoves 13 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

​THE MAN WHO SOLD HIS SKIN (FIC) 

Kaouther Ben Hania

2020 | Tunisia, Francia, Bélxica, Alemaña, Suecia, Turquía | 101´ 

​

​Sam Ali, un mozo sirio refuxiado no Líbano, acepta que un famoso artista contemporáneo lle tatúe as costas, convertendo o seu corpo nunha obra de arte. A súa pel convértese nun visado para viaxar a Europa, pero ao mesmo tempo convérteo nunha mercancía e un obxecto de exposición. ​

​

TRAILER

bottom of page