top of page

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas acollerá unha charla sobre a Nakba palestina.

A Fundación Araguaney-Puente de Culturas, a Fundación Galiza Sempre (FGS) e a asociación Galiza por Palestina organizan conxuntamente a charla “A segunda Nakba palestina: O proceso de paz”, enmarcada no ciclo de conferencias Diálogos desde a Periferia posto en marcha pola Fundación Galiza Sempre.




A charla, presentada e conducida por Ánxela Gippini de Galiza por Palestina, estará impartida polo activista pro-Palestina, oftalmólogo e escritor afincado en Cee Mohamed Safa, o vindeiro martes, 10 de maio, ás 20 horas na hotel Eurostars Araguaney de Santiago (rúa de Alfredo Brañas, 5). Haberá unha presentación previa na que intervirá a vicepresidenta da FGS, Ana Miranda.


Esta actividade está dentro dunha campaña internacional de visibilización de denuncia da diáspora do pobo palestino co motivo do Día da Nakba, que se conmemora o 15 de maio, e para reafirmar o seu dereito ao retorno ás súas terras. Al Nakba (en árabe catástrofe, calamidade ou desastre) é unha festividade moi especial para todos os palestinos que comezou cando o 78 % da poboación palestina, residente nos territorios onde Israel implantou o seu estado en 1948, foi violentamente expulsada dos seus fogares. Na actualidade, e segundo cifras da ONU, máis de 5 millóns de refuxiados palestinos seguen aínda sen poder retornar as súas propias terras.


A Fundación Galiza Sempre comezou, a inicios da pandemia da covid-19, un ciclo de conferencias de temática internacional baixo o nome “Diálogos desde a Periferia”. Non están concibidos como actos de masas, máis ben como actos para un público especialmente interesado neste tipo de temáticas. Os poñentes internacionais de recoñecido prestixio realizan unha conferencia dando as chaves sobre determinadas situacións nos seus respectivos países para un público que queira afondar máis na cuestión.


Neste ciclo xa teñen participado o presidente de Bolivia, Evo Morales; o sociólogo portorriqueño Ramón Grosfoguel; o Premio Nobel da Paz en 1980, Adolfo Pérez Esquivel; a presidenta de Irlanda, Mary Lou McDonald; ou o presidente de ERC, Oriol Junqueras; entre moitos outros.


bottom of page