top of page
Banner-Web---Ciclo_libano.jpg
O Líbano en 8 mm
MOSTRA DE CINEMA EUROÁRABE
PATROCINA XUNTA DE GALICIA

Axencia Galega das Industrias Culturais
Do 25 ao 28 de novembro
Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

marca-positivo.png

A Mostra de Cine Euroárabe “O Líbano en 8 mm” é un proxecto da Fundación Araguaney - Puente de Culturas. Unha entidade sen ánimo de lucro que nace en Santiago de Compostela en 1984 e que ten a misión de achegar as culturas de Oriente e Occidente e, en concreto, entre o mundo árabe, América Latina e España. 

 

Esta mostra de filmes as distintas realidades sociais do Líbano, tendo en conta o conflito aberto que acontece no sur do país a partir da evolución da guerra en Oriente Próximo. 

 

O obxectivo da mostra é aproximar a cultura árabe e libanesa á sociedade galega a través do cine, ofrecendo unha visión ampla e multidimensional da súa realidade heteroxénea. Un proxecto que hoxe é máis necesario ca nunca, porque o coñecemento do ‘outro’ trae entendemento e respecto, dous elementos clave para avanzar na tolerancia e no progreso entre os pobos e que o proxecto “O Líbano en 8 mm” canaliza a través da cultura audiovisual. 

 

A Fundación Araguaney - Puente de Culturas converteuse ao longo destas catro décadas nun referente da vangarda audiovisual e do debate social en Galicia, así como nun exemplo de integración cultural. Entre as actividades que organiza destacan a Semana de Cine Euroárabe Amal -a máis antiga de Europa- e a Mostra de Cine Latinoamericano Araguaney-LATAM. Desde 2008 é membro da Alianza Global para a Diversidade Cultural da UNESCO.

Inscricións:

  • Entrada de balde ata completar aforo.

  • Indispensable confirmar asistencia no enderezo info@fundacionaraguaney.org (nome + teléfono)

1_1982 (FIC) 2.jpg

Luns 25 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela


1982 (FIC)

Oualid Mouaness
2019 | O Líbano, Noruega, Francia, Qatar | 100’

 

O Líbano, verán de 1982. Nas aforas de Beirut, a vida permanece en calma tensa mentres se escoitan explosións e disparos. Con este escenario bélico de fondo, Wissam, un neno de 11 anos, busca unha oportunidade para confesarlle o seu amor a unha compañeira de clase.​​

 

TRAILER

2_COSTA-BRAVA-LEBANON-Copyright-Abbout-Productions.jpg

Martes 26 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

COSTA BRAVA, LEBANON (FIC)

Mounia Akl

2021 | O Líbano | 106’ 

Os Badri fuxiron de Beirut para construir unha utopía lonxe da polución e a conflitividade da gran urbe. Neste oasis de resistencia ao capitalismo global, a familia é ameazada polos avances dun vertedoiro próximo que evidencia as gretas internas da familia.

TRAILER

3_DANCING-ON-THE-EDGE-OF-A-VOLCANO_Still.jpg

Mércores 27 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

DANCING ON THE EDGE OF A VOLCANO (DOC)

Cyril Aris

2023 | O Líbano, Alemaña | 87’ 

4 de agosto de 2020, unha explosión no porto de Beirut devasta gran parte da cidade. Afectados pola catástrofe, un equipo de rodaxe libanés continúa filmando a súa película como símbolo de resistencia nunha nación que loita contra o colapso económico e social.

TRAILER

4_Capharnaüm.jpg

Xoves 28 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

CAPHARNAÜM (FIC)

Nadine Labaki

2018 | O Líbano, Francia | 126’

Zain, un neno de doce anos intelixente e valente, sobrevive aos perigos da cidade grazas ao seu enxeño. Fuxindo dos seus pais e facendo valer os seus dereitos, recorre á xustiza para demandalos polo ‘crime’ de darlle a vida.​

TRAILER

bottom of page