top of page
5_Banner_Microsite_Deputacion26.jpg
Palestina, Cinema e Resistencia
CICLO DE CINEMA
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Do 23 ao26 de novembro de 2026 

Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

Inscricións:

​

  • Entrada de balde ata completar aforo.

  • Indispensable confirmar asistencia no enderezo info@fundacionaraguaney.org (nome + teléfono)

O Ciclo Palestina: Cinema e Resistencia achega a realidade do pobo palestino a través do cinema contemporáneo. Impulsado pola Deputación da Coruña en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, o ciclo reúne historias sobre a vida baixo a ocupación, o exilio e a defensa da identidade. 

​

Unha mirada humana, política e cultural á resistencia cotiá e á dignidade dun pobo. Cinema para coñecer, reflexionar e abrir o diálogo.  

​

#ACULTURAÉUNDEREITO

​

3.png
No_Other_Land.jpg

Luns 23 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

NO OTHER LAND (DOC) 

Basel Adra, Yuval Abraham, Hamdan Ballal, Rachel Szor

2022 | España | 88´  ​

​

Un retrato directo e profundamente conmovedor da vida en Masafer Yatta, en Cisxordania, onde as comunidades palestinas enfróntanse a desaloxos forzosos e á destrución sistemática das súas vivendas. Filmado ao longo de varios anos polos propios protagonistas, o documental convértese nun acto de resistencia e memoria, amosando a loita cotiá por permanecer na súa terra fronte á ocupación. ​​

​

​​​

ByeByeTiberias (DOC).jpg

Martes 24 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

​

BYE BYE TIBERIAS (DOC) 

Lina Soualem 

2023 | Francia, Palestina | 82’ ​

​

A directora Lina Soualem reconstrúe a historia da súa familia a través da figura da súa nai, a actriz palestina Hiam Abbass. Entre arquivos familiares e imaxes actuais, o filme explora o exilio, a identidade e a memoria, ofrecendo un relato íntimo marcado pola separación da terra de orixe e pola transmisión xeracional da experiencia palestina. 

​

​​

To a Land Unknown.jpeg

Mércores 25 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

TO A LAND UNKNOWN (FIC) 

Mahdi Fleifel
2024 | Reino Unido, Palestina | 105’ 

​

​Dous refuxiados palestinos sobreviven en Atenas nun contexto de precariedade extrema, atrapados entre a esperanza de emigrar e a realidade dunha Europa que lles pecha as portas. A película ofrece unha visión crúa e profundamente humana da migración forzada, a amizade e a desesperación nun mundo que lles nega oportunidades. 

​

​

​

​

IT MUST BE HEAVEN (FIC).jpg

Xoves 26 de novembro | 20:00 h.

Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

 

​IT MUST BE HEAVEN (FIC) 

Elia Suleiman 

2019 | Palestina, Francia, Alemaña, Canadá | 97´ 

​

​​Nunha viaxe que o leva de Palestina a París e Nova York, Elia Suleiman observa o mundo cunha mirada irónica e minimalista. A través de escenas cheas de humor e simbolismo, o filme reflexiona sobre a identidade palestina, o exilio e a sensación de non pertenza, establecendo paralelismos entre diferentes realidades globais. 

​

​

​

​

​

​

bottom of page