GAZA en 8 mm
CICLO DE CINEMA PALESTINO
DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Do 16 de setembro ao 07 de outubro
Hotel Eurostars Araguaney, Compostela
Este ciclo de cine, organizado pola Fundación Araguaney coa colaboración da Deputación da Coruña, supón unha fiestra á vida, as loitas e as historias dos habitantes de Gaza a través da lente de cineastas comprometidos. Un ciclo que nos convida a explorar e reflexionar sobre a realidade diaria dunha rexión marcada polo conflito, pero tamén pola resiliencia e a humanidade da súa xente.
A raíz dos eventos que tiveron lugar o 7 de outubro do ano pasado e da intensificación das accións do exército israelí sobre a población gazatí, a situación en Gaza ven ocupando un destacado espazo nos medios de comunización e no discurso político. Porén, non debe esquecerse que a ocupación israelí sobre os territorios palestinos remóntase a máis de 60 anos atrás. As filmes proxectadas ao longo do ciclo dan conta da historicidade do xenocidio que hoxe ocupa as páxinas dos xornais. Producidas entre 2012 e 2020, nelas retrátase a represión e violencia á que estaba suxeita a población palestina incluso antes do 7 de outubro.
Únete a nós nesta viaxe cinematográfica que non só busca informar, senón tamén xerar un diálogo significativo sobre o impacto da crise humanitaria en Gaza. Agardamos que este ciclo de cine inspire unha maior comprensión e solidaridade coas vidas afectadas pola situación de emerxencia humanitaria que se está a vivir en Gaza.
-
Entrada de balde ata completar aforo.
-
Indispensable confirmar asistencia no enderezo info@fundacionaraguaney.org (nome + teléfono)
Luns 16 de setembro | 20:00 h.
Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela
GAZA (DOC)
Garry Keane e Andrew McConnell
2019 | Irlanda | 92’
Este poderoso documental retrata a vida cotiá dos habitantes de Gaza que seguen adiante cas súas vidas a pesar de vivir no epicentro do conflito. O filme é un valioso documento humano que amosa como persoas correntes teñen a coraxe de vivir unha vida plena alén da destrucción e a ruína.
Luns 23 de setembro | 20:00 h.
Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela
GAZA MON AMOUR (FIC)
Tarzan Nasser e Arab Nasser
2020 | Francia, Alemaña, Portugal, Palestina, Qatar | 87’
Gaza, hoxe. Issa, un pescador de sesenta anos, está secretamente namorado de Siham, unha muller que traballa no mercado coa súa filla Leila. Cando descobre unha antiga estatua fálica de Apolo nas súas redes de pesca, Issa escóndea, sen saber que facer con este misterioso e poderoso tesouro. Con todo, no fondo, sente que este achado cambiará súa vida para sempre. Curiosamente, a súa confianza comeza a crecer e finalmente decide achegarse a Siham.
Luns 30 de setembro | 20:00 h.
Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela
UN PORCO EN GAZA (FIC)
Sylvain Estibal
2012 | Francia, Bélxica e Alemaña | 99’
Tras unha tempestade, Jafaar, un pescador pobre que vive en Gaza, atopa un porco nas súas redes. Isto supón un problema para el, xa que o porco é considerado un animal impuro non só segundo a fe do Islam, senón tamén segundo a relixión xudea. Jafaar, resolto a desfacerse do animal, tenta desesperadamente vendelo, primeiro a un funcionario das Nacións Unidas e logo a unha colonia xudea, onde Yelena cría porcos por razóns de seguridade. Pasar desapercibido cun animal ‘prohibido’ entre os seus irmáns palestinos, frente a soldados israelíes e fundamentalistas islámicos non é tarea sinxela e levarao a vivir unha serie de desventuras.
Luns 07 de outubro | 20:00 h.
Salón Olivo. Hotel Eurostars Araguaney, Compostela
NACIDO EN GAZA (DOC)
Hernán Zin
2014 | España | 54’
Filmada durante a ofensiva israelí que asolou a Franxa de Gaza en 2014, este documental segue a vida dunha decena de nenos e nenas que relatan cómo é o seu día a día baixo as bombas e a destrución. O documental enfócase no impacto que a violencia do conflito palestino-israelí ten sobre a infancia de Gaza.