Banner-Web-_-RESILIENCIA-21.jpg
MOSTRA DE CINEMA E RESILIENCIA
DEPUTACIÓN DE A CORUÑA
Do 27 de setembro ao 18 de outubro
Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

INSCRICIÓNS:

- Entrada de balde ata completar aforo.
- Indispensable confirmar asistencia no enderezo inscripciones@araguaney.com (nome + teléfono)
- Máximo dous convites por persoa.
- Cada inscrición abrirase a semana anterior á proxección e finalizará ás 15:00 h. do propio día de proxección.
- Non será posible reservar entradas para varias películas do ciclo de maneira simultánea.

O ciclo cinema e resiliencia organizado pola Fundación Araguaney en colaboración coa Deputación da Coruña presenta 4 filmes onde a resiliencia, entendida como a capacidade dos seres humanos para adaptarse positivamente ás situacións adversas, será o eixo central das proxeccións.

 

#CulturaConForza.

Capharnaüm_Web.jpg

Luns 27 de setembro de 2021 | 20:00

CAPHARNAÜM (FIC)

Nadine Labaki | 2018 | O Líbano, Francia | 126’

 

Zain, un neno de doce anos intelixente e valente, sobrevive aos perigos das rúas da cidade grazas ao seu enxeño. Fuxindo dos seus pais, e facendo valer os seus dereitos, recorre á xustiza para demandalos polo ‘crime’ de darlle a vida.

TRAILER

La-noche_web.jpg

Luns 04 de outubro de 2021 | 20:00

LA NOCHE DE LOS DOCE AÑOS (FIC)

Álvaro Brechner | 2019 | España, Arxentina, Uruguai, Francia | 123’

1973. Uruguai está baixo o poder da ditadura militar. Unha noite de outono, nove presos  Tupamaros son sacados das súas celas nunha operación militar secreta. A orde é precisa: “como non puidemos matarlles, imos volverlles tolos”. Os tres homes permanecerán illados durante 12 anos. Entre eles, Pepe Mujica, quen máis tarde chegou a converterse en presidente de Uruguai.

TRAILER

ALMA-MATER_WEB.jpg

Mércores 13 de outubro de 2021 | 20:00

ALMA MATER Insyriated (FIC)

Philippe Van Leeuw | 2017 | Bélxica, Francia, O Líbano | 85 ́

Oum Yazan, nai de tres fillos, atrapada dentro da súa casa, converteu o seu apartamento nun porto seguro para a súa familia e veciños, tratando de protexelos da guerra.

TRAILER

Gaza_Still_WEB.jpg

Luns 18 de outubro de 2021 | 20:00

GAZA SURF CLUB (DOC)

Philip Gnadt y Mickey Yamine | 2016 | Alemaña, Palestina | 87’

O documental narra a vida dun grupo de mozos e mozas atrapados na prisión ao aire libre máis grande do mundo, Gaza, unha nova xeración que se lanza ás praias. Fartos da ocupación e o bloqueo, atopan a súa válvula de escape nas ondas do Mediterráneo: son os surfeiros de Gaza.

TRAILER

Protocolo Covid.png