top of page
Banner Web _ DOC 22.jpg
CICLO DE CINEMA DOCUMENTAL
DEPUTACIÓN DE A CORUÑA

Do 19 de setembro ao 10 de outubro
Hotel Eurostars Araguaney, Compostela

Documental: Dise das películas cinematográficas que representan, cunha finalidade meramente informativa, feitos, escenas, experimentos, etc., collidos da realidade.

 

O Ciclo de Cinema Documental está organizado pola Fundación Araguaney coa colaboración da Deputación da Coruña. Catro películas e catro historias que nos servirán para documentar a realidade máis próxima a través de fotogramas.

#ACULTURAÉUNDEREITO

Inscricións:

  • Entrada de balde ata completar aforo.

  • Indispensable confirmar asistencia no enderezo inscripciones@araguaney.com (nome + teléfono)

  • Máximo dous convites por persoa.

  • Cada inscrición abrirase a semana anterior á proxección e finalizará ás 15:00 h. do propio día de proxección.

  • Non será posible reservar entradas para varias películas do ciclo de maneira simultánea.

Luns 19 de setembro | 20:00

GODS OF MOLENBEEK (Aatos ja Amine) 

Reetta Huhtanen | 2019 | Finlandia, Bélxica, Alemaña | 73’
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

O distrito de Molenbeek, en Bruxelas, ten fama de ser un dos epicentros do xihadismo europeo, pero para Aatos e o seu amigo Amine, é simplemente o seu fogar. Xuntos buscan respostas ás grandes preguntas da vida, pero a brutalidade do mundo adulto irrompe cando os terroristas detonan unha bomba no barrio..

TRAILER

Gods_1.jpg

Luns 26 de setembro | 20:00 


CHOLITAS

Jaime Murciego | 2019 | Bolivia | 82’

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cinco mulleres indíxenas bolivianas protagonizan unha expedición única. Como símbolo de liberación e empoderamento, propóñense escalar a montaña máis alta de América.

TRAILER

57744236_101.jpeg

Luns 3 de outubro | 20:00
 

FOR SAMA

Waad al-Kateab e Edward Watts | 2019 | Siria, Reino Unido | 95’

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 


For Sama é unha carta de amor dunha nai á súa filla. Unha película que narra a historia da vida da protagonista e directora durante os cinco anos que durou o levantamento en Alepo. O seu namoramento, a súa voda e o nacemento e crianza da súa filla Sama, en plena guerra de Siria.

TRAILER

maxresdefault.jpg

Luns 10 de outubro | 20:00
 

EL PACTO DE ADRIANA

Lissette Orozco | 2017 | Chile | 96

De nena, a directora deste documental sempre tivo unha referente: a súa tía Adriana. A imaxe que tiña dela derrúbase cando descobre que traballou para a policía secreta do xeneral Augusto Pinochet.

TRAILER

El pacto de adriana_4.jpeg
bottom of page