CINEMA EN CLAVE DE MULLER
Proxección do documental:
“Lift like a Girl"
Luns 7 de marzo | 20:00h.
Hotel Eurostars Araguaney,
Salón Olivo, Compostela
Inscricións:
Entrada de balde ata completar aforo
Indispensable confirmar asistencia no enderezo inscripciones@araguaney.com
A inscrición finalizará ás 15:00 h. do propio día do evento
Máximo dúas entradas por persoa.
Coma cada ano, a Fundación Araguaney conmemora o Día Internacional da Muller, lembrando a súa loita pola igualdade e polo recoñecemento e o exercicio efectivo dos seus dereitos.
Coa proxección do documental "Lift Like a Girl" buscamos tomar conciencia e coñecer a vida de mulleres con realidades distintas á nosa, rendéndolle homenaxe á súa loita por gañar visibilidade en espazos que, durante moito tempo, estiveron vetados para elas.
LIFT LIKE A GIRL (DOC)
Mayye Zayed | 2020 | Exipto, Dinamarca, Alemaña | 92’
Guiada polo seu implacable adestrador, unha levantadora de peso adolescente emerxe desde un modesto ximnasio de Alexandría, Exipto, para intentar chegar aos Xogos Olímpicos.
A DIRECTORA: MAYYE ZAYED
Mayye, é directora, produtora e fotógrafa. En 2013 fundou “Rufy's”, unha produtora de cine independente con sede en Alexandría, Exipto. “Lift like a girl” é o seu primeiro documental.
FESTIVAIS E PREMIOS
2021 – The Critics Awards for Arab Films – Mellor Documental
2021 – Aswan Women Film Festival – Isis Award – Mellor Filme Exipcio
2021 – Seoul Guro International Kids Film Festival – Mellor Filme
2020 – Dok Leipzig – Golden Dove Award – Mellor Filme
2020 – Cairo International Film Festival – Bronze Pyramid Award – Mellor Filme Novel
2020 – Cairo International Film Festival – Premio do Público
2020 – Cairo International Film Festival – Isis Award – Mellor Filme Exipcio que representa o papel económico e social da muller
MÁIS INFORMACIÓN