Banner-Web-_-AMAL-RUTA-PONT-21.jpg
MOSTRA DE CINEMA EUROÁRABE
AMAL EN RUTA PONTEVEDRA 2021
Do 7 ao 11 de setembro
Teatro Principal, Pontevedra
Descargar programa
PROTOCOLO COVID OKOK.png

Cúmprense seis anos dende que Amal comezou a súa andaina pola cidade do Lérez. Acudimos puntuais á nosa cita anual sen esquecer a dura realidade que vivimos este último ano e medio, unha situación xamais imaxinada e que nos obrigou a todos e todas a cuestionarnos as nosas prioridades, expectativas e, en definitiva, o rumbo cara a onde dirixiamos as nosas vidas.

Durante este período a cultura converteuse en sinónimo de liberdade, de soños e de esperanza, pero tamén de reivindicación dun medio de traballo digno e honesto. Porque son tempos de remar con forza para levar este barco a bo porto, son tempos da #CulturaConForza.

GHALEB JABER MARTÍNEZ

7 SEPT.png

Abla rexenta unha pastelería na súa propia vivenda en Casabranca, onde vive con Warda, a súa filla de 8 anos. A súa rutina, marcada polo traballo na pastelería e os labores domésticos, vese interrompida cando unha moza embarazada chama á súa porta en busca de emprego e teito.

8 SEPT.png

For Sama é unha carta de amor dunha nai á súa filla. Unha película que narra a historia da vida da protagonista e directora durante os cinco anos que durou o levantamento en Alepo. O seu namoramento, a súa voda e o nacemento e crianza da súa filla Sama, en plena guerra de Siria.

9 SEPT.png

A película do director Elia Suleiman narra a súa fuxida de Palestina buscando un novo fogar para acabar dándose conta de que Palestina lle segue a el sen importar o lugar do mundo ao que vaia.
 

10 SEPT.png

Retrato da vida cotiá dos cidadáns e cidadás de Gaza que continúan as súas vidas a pesar de estar no epicentro do conflito.

11 SETEMBRO.png

Salam vive en Xerusalén e traballa en Ramallah para a famosa telenovela palestina “Tel Aviv on Fire”. Para chegar ao seu traballo debe pasar todos os días por un posto de control israelí onde acabará coñecendo ao comandante Assi, cuxa esposa é fanática da serie.