Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 Exposición do acuarelista Manuel Cobas a favor os damnificados polo terremoto de Haití
 
Publicado el miércoles, 24 de febrero de 2010
 

O xoves 25 de febreiro terá lugar a inauguración dunha exposición solidaria do acuarelista Manuel Cobas no Salón de Exposicións do Hotel Meliá Araguaney. O acto terá lugar ás 19:00 e contará coa presenza do pintor e o presidente de Cruz Vermella Española en Santiago de Compostela, D. Rufino Pérez Outes.

A mostra, organizada en colaboración coa Fundación Araguaney-Puente de Culturas, estará aberta desde o 25 Febreiro ata o 9 de Marzo en horario de 12:00 a 14:00 e de 18:30 a 21:30. Unha parte dos fondos obtidos nesta exposición serán destinados aos proxectos que desenvolve Cruz Vermella Española no territorio Haitiano.

Manuel Cobas adícase profesionalmente á pintura desde o ano 1996. Contou co maxisterio de Angel Sevillano, maxisterio que, unido ao seu amor ao mar conforman as claves principais das súas paisaxes mariñas. A maioría da súa obra componse de paisaxes inventadas, pero tamén pinta paraxes mariñas de Combarro, Sanxenxo, as rías de Vigo e Arousa... case sempre empregando a técnica da acuarela.

Cada ano realiza unha exposición de carácter benéfico, sendo nesta ocasión dedicada ao pobo haitiano e canalizando a súa solidariedade con este país a través de Cruz Vermella Española.