Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 Os alumnos do nivel iniciación de árabe despiden o curso cunha divertida gymnkana por Compostela
 
Publicado el jueves, 11 de febrero de 2010
 

A primeira convocatoria dos cursos de árabe organizados pola Fundación Araguaney chegou ao seu fin e, para despedir as clases, os alumnos do nivel iniciación participaron onte nunha divertida gymnkana por Santiago de Compostela.
Os participantes, divididos en cinco grupos, partiron do Hotel Meliá Araguaney e realizaron probas por distintos lugares representativos da cidade compostelana, como a praza de Cervantes, a praza de Galicia ou a Alameda. Os alumnos puxeron a proba a súa habilidade e coñecementos, lendo as pistas escritas en árabe e mantendo conversacións sinxelas con árabes residentes en Santiago.
Nas clases, cada alumno recibe un nome árabe polo que é coñecido polos demais: Sahira, Butrus, Malik, Lilia, Salim, Hussein, Yamila, Laila ou Hassan foron algúns dos participantes que finalizaron o percorrido na praza do Obradoiro, onde os esperaba o profesor, Ilya Ou.Topper. Os participantes foron agasallados cos seus nomes escritos en caligrafía árabe.
O prazo para inscribirse na nova convocatoria dos cursos de árabe, que darán comezo o próximo 22 de febreiro, continúa aberto. Toda a información necesaria atópase nesta mesma páxina web