Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 ‘Checkpoint rock: cancións desde Palestina', á venda en DVD o 20 de xaneiro
 
Publicado el viernes, 15 de enero de 2010
 

O documental musical ‘Checkpoint rock: cancións desde Palestina’, escrito e dirixido por Fermín Muguruza y Javier Corcuera, sairá á venda en formato DVD o próximo 20 de xaneiro. A edición, lanzada pola compañía Cameo, incluirá material extra como a presentación do filme na cidade palestina de Ramallah, á que acudiron persoeiros do cine español.

Con ‘Checkpoint rock’, que obtivo o premio de Mellor Documental na sétima edición do Festival Amal, Corcuera e Muguruza pretenden cambiar a visión do espectador sobre o pobo palestino e desvelarnos as súas frustracións e esperanzas.

O documental trata de introducir ó espectador á través da música na cultura palestina, que intenta subsistir baixo as bombas. O rap, o rock e a música tradicional son o fío condutor das historias de cada un dos protagonistas, que amosan o que pensan do destino único que lles tocou vivir e cómo o enfrontan a través de letras e melodías.

‘Checkpoint rock: cancións desde Palestina’ foi producido por Filmanova e K 2000. O 16 de outubro do ano pasado foi estreado en salas de cine e percorreu numerosos festivais do mundo.
O documental estará á venda en DVD a partir do 20 de xaneiro nas tendas habituais e tamén na páxina web www.latiendacameo.es.