Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 Proxección de 'To shoot an elephant'
 
Publicado el viernes, 15 de enero de 2010
 

O próximo 18 de xaneiro cumprirase o primeiro aniversario do fin do bombardeo de Israel sobre Gaza, un ataque que durou 33 días e terminou coa vida de 1.412 palestinos. Con este motivo, a Fundación Araguaney organizará ese mesmo día, ás 20:30 horas no Salón Olivo do Hotel Meliá Araguaney, a proxección de 'To shoot an elephant' (Disparar a un elefante), un documental dirixido polo xornalista Alberto Arce. O aforo da sala é limitado, polo que recomendamos confirmar asistencia chamando ó 981 559 612.

'To shoot an elephant' narra, desde o interior da Franxa de Gaza, o ocorrido durante aqueles días. Pola súa condición de testemuño da poboación civil constitúe un fragmento de realidade que mostra como é a vida nunha guerra da que non hai posibilidade de escapar.
Para recordar este ataque, convocouse unha proxección mundial do documental de Arce, que ao mesmo tempo pretende constituír un impulso para o libre uso dos materiais audiovisuais e as ferramentas de comunicación. A intención dos produtores de To shoot an elephant é que este traballo transcenda os límites de quen o produce e se convirta en material de quen o ve.