Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 Proxección do documental “Improvisación” sobre o Trío Joubran organizada pola Fundación Araguaney
 
Publicado el miércoles, 17 de junio de 2009
 










O día 25 de xuño ás 20:30 horas no Salón Olivo do Hotel Meliá Araguaney proxectarase o documental palestino “Improvisación”. Esta película poderá verse tralo concerto do Trío Joubran, organizado pola Consellería de Cultura e Turismo e no que colabora a Fundación Araguaney, que terá lugar na Igrexa da Universidade o día 24 de xuño.

“Improvisación”, dirixido por Raed Andoni, narra a historia de tres mozos irmáns palestinos que comparten a paixón de tocar o “Oud”. O novo proxecto musical do Trío Joubran dentro da familia lévanos a facer unha viaxe dende o corazón do fogar familiar, a casa Samir en Ramala, ata Europa. No documental, que foi proxectado en Amal 06, aparecen diferentes personaxes xeracionais, en localizacións e situacións distintas, que comparten o soño dun futuro mellor con oportunidades para todas as vindeiras xeracións.