Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 A Fundación Araguaney publica os cadernos do ciclo
 
Publicado el miércoles, 20 de mayo de 2009
 
















A Fundación Araguaney Ponte de Culturas publicou os cadernos do ciclo “O territorio”, celebrado no ano 2007 coa la colaboración da Dirección Xeral de Fomento e Calidade da Vivenda da Xunta de Galicia e o COAG. A colección consta de catro exemplares, un para cada un dos foros que compoñen o ciclo.

Os obxetivos de este ciclo foron crear unhas liñas de debate que establecesen aqueles aspectos que en Galicia permitisen unha ordenación prudente dun territorio e un crecemento sostible, impedindo un consumo voraz dun ben limitado, desequilibrios territoriais, procesos segregadores e un deterioro irreversible de elementos culturais, simbólicos e patrimoniais.

O primeiro foro do ciclo “O territorio”, baixo o título “Usos do solo” estivo moderado por Rubén Lois, xeógrafo e anterior Director Xeral de Turismo da Xunta de Galicia.
Os invitados a esta primeira entrega do ciclo foron Carlos Mella, economista e doutor en Dereito e Fernando Varela, economista do Estado.

“Organización Administrativa do Territorio” foi o título do segundo foro, moderado por Alba Nogueira López, Profesora Titular da Facultade de Dereito da USC. Os participantes desta sesión foron Juan Luis Dalda, Profesor Titular da EscOla Técnica Superior de Arquitectura da UDC e membro da Oficina de Planeamiento S.A. e Román Rodríguez, Profesor Titular da Facultade de Xeografía da USC.

O terceiro foro, titulado “Os propietarios do solo”, contou como invitados con Calixto Escariz Vázquez, titular do despacho CALIXTO ESCARIZ ABOGADOS, especializada na área de Dereito Administrativo, fundamentalmente en infraestructuras, urbanismo e expropiacións así como en Montes Veciñais en Man Común, e Julia Chamosa, anterior Presidenta del Jurado de Expropiación de Galicia. O foro estivo moderado por César Coll, arquitecto representante do COAG.

A última entrega, baixo o título “O norte. Ordenación Territorial e Papel das Administracións”, estivo moderado por Marcos Vaquer Caballería, Director Xeral de Urbanismo e Política do Solo del Ministerio de Vivenda. Os invitados nesta ocasión foron: Ramón Saúl Leje Espina, anterior Director Xeral de Urbanismo do goberno galego, Martín Arregi San Miguel, anterior Director de Ordenación del Territorio del gobierno vasco, Miriam García García, anterior Directora Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo do goberno de Cantabria e Manuel Carrero de Roa, Xefe do Servizo de Ordenación Territorial e Planeamento do goberno do Principado de Asturias.

A Fundación Araguaney Ponte de Culturas difundirá gratuitamente os cadernos que recollen as intervencións dos participantes e as preguntas dos asistentes, entre institucións públicas e persoas ás que poida ser de interés.