Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 Xerusalén, Capital da Cultura Árabe
 
Publicado el lunes, 16 de marzo de 2009
 

Hai tres anos, os ministros de Cultura dos países árabes e a Liga Árabe para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Alecso) decidiron escoller Xerusalén como Capital da Cultura Árabe para o ano 2009, logo da elección de Damasco para 2008.
Esta “moi simbólica” decisión foi confirmada en 2007 pola agrupación rexional de países árabes na Organización das Nacións Unidas para a Educación, a Ciencia e a Cultura (Unesco) co obxectivo de “afirma-la identidade árabe de Xerusalén e a súa pluralidade” e de “revela-la ocupación da cidade por parte de Israel e a súa política de xudaizala”.
Segundo explica o delegado adxunto da Unesco para Palestina e director do proxecto, Ahmed Dari, “Al-Quds, Capital da Cultura non é un proxecto palestino, senón árabe”.
O inicio da cerimonia de apertura, que inicialmente estaba previsto para a semana pasada, foi aprazado ata o vindeiro 21 de marzo. O Consello de Administración para as festas de Xerusalén tomou a decisión amparándose na situación que se está a vivir en Gaza. A cerimonia é un feito “festivo” que non se corresponde coas “escenas de morte na Franxa de Gaza”, aseguraron os organizadores.
O que si se organizarán serán “días sobre a Xerusalén árabe”, unhas xornadas que inclúen conferencias, festivais de cine, concertos e exposicións. Debido á situación xeopolítica nos territorios palestinos e no mundo árabe, a inauguración das celebracións será transmitida por videoconferencia e vía satélite dende cinco zonas seleccionadas estratexicamente.
En primeiro lugar, Xerusalén. Logo Belén, dende onde falará o presidente da Autoridade Palestina, Mahmoud Abbas, acompañado polos seus ministros, así como polo presidente da Conferencia Islámica e polo secretario xeral da Liga Árabe Amar. Outros lugares escollidos son Nazareth, a Franxa de Gaza e o campo palestino de Rachidiya, no Líbano.