Agenda
<Septiembre 2010>
LMXJVSD
  12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
27282930   
       

 

 

   
 Conferencia (martes, 24 de marzo) impartida polo único xornalista español testemuña directa dos últimos ataques contra a poboación de Gaza
 
Publicado el martes, 17 de marzo de 2009
 


A Fundación Araguaney-Puente de Culturas acollerá o vindeiro 24 de marzo a conferencia ‘Gaza, o bloqueo físico e o bloqueo da información: informar dende o terreo’, que correrá a cargo de Alberto Arce, xornalista, realizador de documentais e cooperante do movemento Free Gaza.
O asturiano, de 32 anos, afeito ao traballo en Palestina, o Líbano e o Iraq, vén de cubri-los ataques sobre Gaza para o diario El Mundo, converténdose no único xornalista español que, violando o bloqueo israelita, conseguiu entrar na Franxa de Gaza por mar dende Chipre.
Alberto Arce tamén presentará nesta cita en terras compostelás un avance do seu documental ‘Borrados del mapa’. O filme, de 55 minutos de duración, non só recolle o relato do ataque israelita; tamén constitúe un exercicio en defensa da liberdade de expresión e de información.

O acto celebrarase ás 20.00 horas no Salón de Actos da Fundación Araguaney.

A entrada será libre ata completa-lo aforo.