02.1 Fundación

A Fundación Araguaney – Ponte de Culturas, nacida no ano 1984  é unha entidade cultural privada e sen ánimo de lucro cuxo ámbito de actuación comprende todo o Estado español.

Esta organización atópase integrada no Grupo Araguaney. Este grupo de empresas cre na necesidade de desenvolver e potenciar unha contribución activa e voluntaria que reverta en beneficio da comunidade á que pertence. A Responsabilidade Social Corporativa, tamén coñecida como Responsabilidade Social Empresarial persegue un novo equilibrio entre as dimensións económica, social, cultural e ambiental.

O nome da Fundación Araguaney fai referencia á árbore nacional de Venezuela, o araguaney. Esta árbore, que produce unha gran cantidade de flores douradas entre os meses de febreiro e abril, pode acadar ata 12 metros de altura e é capaz de saír adiante en condicións sumamente duras.

No ano 2004 e coincidindo co 20 aniversario da súa creación, a Fundación Araguaney pasou a denominarse Fundación Araguaney - Ponte de Culturas, en alusión a unha das prioridades desta organización: o achegamento entre a cultura española, a hispanoamericana e a árabe.

Desde o 2008 a Fundación é Membro da Alianza Mundial para a Diversidade Cultural da UNESCO.

E seguimos traballando, co “amal” (esperanza) de seguir adiante.

02.2 Equipo

Xerente da Fundación, Mónica Martínez
monica.martinez@araguaney.es

Directora da Fundación, Ángeles Blanco
fundacion@araguaney.com

Comisario do Festival, Ghaleb Jaber Martínez
ghaleb@comunicacionglobal.es

Coordinadora do Festival, Atalaya Parga
amal@araguaney.com

Comunicación, Amina Sabbouh
prensa@araguaney.com

02.3 Contacto

Festival AMAL
25-31 Octubre 2008
R/Montero Ríos 25-27
15706 Santiago de Compostela (España)
TFNO 00 34 981 559612 | FAX 00 34 981 598854
e-mail: amal@araguaney.com

Web: http://www.amalfestival.com