![]() |
04.1 Bases do concurso .:. Descarga PDF 04.2 Folla de inscrición .:. Descarga 04.3aa Anexos .:. Descarga PDF Anexo I .:. Descarga PDF Anexo II 04.1 Bases Artigo 1: O Festival de cine Amal, na actual edición, terá lugar desde o 25 ata o 31 de Outubro de 2008. As obras seleccionadas para o Festival, tanto as que entren a concurso coma as que estean fóra da sección oficial, serán proxectadas na súa totalidade en Santiago de Compostela, sede do Festival. Artigo 2: As obras presentadas en competición serán elixidas polo Comité de Selección do Festival. Poderá presentarse calquera película, documental ou curtametraxe producida nun país árabe ou co producida entre outros países e calquera país árabe. Tamén poderán participar todas aquelas obras producidas en calquera lugar do mundo, que traten sobre a vida ou a cultura árabe. Artigo 3: O prazo límite da presentación de solicitudes será o 30 de xuño de 2008. O Festival recoñecerá o asinante do formulario como único responsable, fronte a outras empresas ou persoas que puidesen participar na produción da obra. Artigo 4: O formulario de inscrición deberá ir acompañado da seguinte documentación:
A inscrición non garante a exhibición da obra durante o Festival AMAL. Non haberá que pagar ningún tipo de canon por participar no Festival, pero este tampouco pagará canon de exhibición polas obras presentadas a concurso. Artigo 5: As inscricións deberanse enviar a: FESTIVAL INTERNACIONAL DE CINE EURO ÁRABE AMAL Artigo 6: As preview copies deberán enviarse en VHS (sistema PAL) ou DVD (Rexión 2). É importante revisar as copias de DVD varias veces e en distintos modelos de reprodutores de DVD antes de envialas. Para a súa seguridade, acheguen unha copia en VHS (sistema PAL) xunto co DVD. Poderán enviarse todos os títulos que se queiran polo mesmo participante, pero cada título deberá ir co seu correspondente formulario de inscrición independente nun paquete separado co seu VHS ou DVD. Artigo 7: Todas as obras presentadas a concurso deberán ir subtituladas en calquera destes idiomas: español, inglés ou francés, para o seu exame por parte do Comité do Festival, ou ben acompañadas do guión en calquera dos idiomas mencionados. Artigo 8: Todas as obras seleccionadas serán proxectadas no festival en versión orixinal, con subtítulos en Castelán, Galego, Catalán ou Vasco. A versión orixinal considerarase a proxectada no país de orixe. Artigo 9: As obras seleccionadas para o Festival só serán exhibidas en Betacam SP (sistema PAL), en Betacam Dixital ou en 35 mm. Artigo 10: Unha vez inscrita e seleccionada a obra, non poderá ser retirada da programación por parte dos produtores ou titulares dos dereitos. Artigo 11: Os gastos de transporte da obra, así coma o seguro, correrán por conta do participante ata a súa chegada ó enderezo do Festival. A organización do Festival farase cargo do seguro das copias dende o momento en que estas cheguen ó recinto do Festival ata o momento da devolución. A preview copy para a preselección deberá ser enviada a portes pagos e non será devolta, pasando a ser propiedade do Comité do Festival. Os dereitos das obras presentadas a concurso conservaraos sempre o director das mesmas. Artigo 12: Para os envíos procedentes de países de fóra da Unión Europea, recomendamos que se fagan a través de empresas de mensaxeiros. Non se aceptarán envíos de fóra da Unión Europea que non teñan os custos de aduana pagos. Artigo 13: No caso de deterioro dunha copia, calquera reclamación deberá chegar ó Festival un mes despois da súa recepción polo produtor, como data límite. A responsabilidade do Festival non superará o custo da tiraxe dunha copia nova, segundo as tarifas vixentes nos laboratorios para a tiraxe dunha copia estándar. Artigo 14: A dirección do Festival nomeará os membros do xurado. Este reunirá as seguintes condicións: Deberá estar formado por un mínimo de cinco membros, dos cales un terzo, polo menos, deberán ser personalidades dalgún país árabe. Non poderán formar parte do xurado aquelas persoas que teñan intereses na produción e/ou explotación das obras presentadas a concurso. Os membros do xurado comprometeranse firmemente a non expresar publicamente as súas opinións respecto ás obras sometidas á súa consideración, antes da proclamación oficial dos premios. Calquera posible conflito (da organización ou do funcionamento) non previsto no seguinte regulamento, será resolto pola dirección do Festival de acordo con estas bases. Artigo 15: O Xurado seleccionará tres nomeados para cada unha das categorías premiadas. O xurado internacional, en función dos nomeados, outorgará obrigatoriamente os premios, dotados das seguintes contías económicas: Mellor longametraxe de ficción: 5.000€ Só un destes premios pode ser ex - aequo. De igual forma farase mención do Premio do Público, outorgado por votación popular, dotado da seguinte contía económica: Premio Amal do público: 1.500€ Artigo 16: Os produtores das obras que reciban un premio comprometeranse a mencionalo en toda a publicidade e material de prensa, respectando a redacción exacta do ditame do xurado e utilizando o logotipo do Festival. Este logotipo estará dispoñible nas oficinas e na paxina Web do Festival. Artigo 17: Os produtores ou titulares de dereitos da obra presentada ó Festival Amal 08 acreditarán ante a Fundación Araguaney Ponte de Culturas, organizadora do festival, a titularidade dos mesmos, respondendo da veracidade da súa manifestación. Os produtores ou titulares dos dereitos da obra autorizarán gratuitamente a Fundación Araguaney Ponte de Culturas á reprodución e exhibición da devandita obra no Festival, así coma o seu uso promocional antes, durante e con posterioridade á celebración do Festival. Os produtores ou titulares dos dereitos da obra, logo de notificación por parte da Fundación Araguaney Ponte de Culturas, autorizarán gratuitamente a Fundación á exhibición pública da obra en ciclos de cine ou mostras sen ánimo de lucro organizados pola propia Fundación ou coa colaboración da mesma, con independencia do Estado no que se celebren. Os produtores ou titulares dos dereitos da obra presentada ó Festival, ceden unha copia en formato DVD para os fondos da mediateca da Fundación Araguaney. As anteriores autorizacións non implican a transmisión dos dereitos de distribución da obra. Artigo 18: Por razón da colaboración entre a Fundación Araguaney Ponte de Culturas e Casa Árabe - Instituto Internacional de Estudos Árabes e do Mundo Musulmán, institución de carácter cultural de interese xeral cuxo principal obxectivo é reforzar e consolidar as relacións entre España e os países árabes, na que están representados, entre outros, o Ministerio Español de Asuntos Exteriores e as Comunidades Autónomas de Madrid e Andalucía, os produtores ou titulares de dereitos da obra presentada ó Festival autorizarán a entrega dunha copia subtitulada en castelán en formato DVD a Casa Árabe - IEAM, de conformidade co Anexo II do presente regulamento. No caso de que Casa Árabe- IEAM organice no futuro un acto de comunicación pública coa película, diferente ás actividades incluídas no Festival Amal 08, Casa Árabe deberá cubrir o pago dos dereitos de proxección pública ós titulares dos devanditos dereitos. Artigo 19: No caso de diverxencias sobre a interpretación deste regulamento, aplicarase o texto en castelán. A participación no Festival suporá a aceptación do presente regulamento. En caso de conflito, a dirección do Festival conservará a súa soberanía, aténdose ó regulamento da FIAPF, no que respecta ás manifestacións de cine internacional. |