A Fundación Araguaney – Ponte de Culturas, nacida no ano 1984 é unha entidade cultural privada e sen ánimo de lucro cuxo ámbito de actuación comprende todo o estado español.
Esta organización atópase integrada no Grupo Araguaney e ten como obxetivo facer unha labor social que reflexe os valores deste grupo empresarial.
O nome da Fundación Araguaney fai referencia á árbore nacional de Venezuela, o araguaney. Esta árbore, que produce unha gran cantidade de flores douradas entre os meses de febreiro e abril, pode acadar ata 12 metros de altura e é capaz de saír adiante en condicións sumamente duras.
No ano 2004 e coincidindo co 20 aniversario da súa creación, a Fundación Araguaney pasou a denominarse Fundación Araguaney - Ponte de Culturas, en alusión a unha das prioridades deste organización: o achegamento entre a cultura española, a hispanoamericana e a árabe.