A popularidade internacional do vídeo como medio de comunicación comezou xa nos anos sesenta. Aínda que durante moitos anos a videoarte se situou nos límites da sociedade da arte, finalmente acadou o seu lugar independente propio e logrou reunir diversas prácticas artísticas. Esta arte baséase en diversos elementos artísticos coñecidos, en concreto, pintura, son, cine, fotografía, etc.

Unha das rexións onde o vídeo está a gañar terreo é o Oriente Medio. O vídeo como medio de comunicación comezou a adquirir popularidade no mundo árabe contra os anos oitenta. Non obstante, a realización en vídeo como forma de arte seria só conseguiu manifestarse por si mesma e facerse un lugar na cultura visual árabe nos últimos 10-15 anos.

O actual clima xeopolítico e sociocultural introduciu un vocabulario novo nos medios de comunicación electrónicos no Oriente Medio, dando como resultado unha expresión innovadora da arte mínima cun poder de explicación máximo.

Unha das características deste tipo de arte foi o uso extensivo de textos e relatos históricos e sociopolíticos, así como de fotografías e imaxes prefabricadas e con aspecto vello. Outra característica é a tendencia á interacción co ambiente, o cal fai que o xénero se comprometa en complexos temas socioculturais e políticos de actualidade.

O resultado da súa práctica intervencionista é agora máis visible e recoñecido ca nunca. Vimos cómo teóricos do documental e do vídeo tanto en Oriente coma especialmente en Occidente están a deixar máis espazo para a historia, a memoria e a natureza destas prácticas, véndoas como un xénero experimental discursivo no que a teoría cultural e a estética se unen nunha combinación formal en evolución constante.

Khaled D. Ramadan
Comentarios do comisario, Dubai, verán do 2007

 


MARTES 23 DE OUTUBRO - INAUGURACIÓN - 20H
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Presentación a cargo de:
Elias J. Torres Feijó, Vicerreitor de cultura da USC
Ghaleb Jaber M., Comisario de Amal

Presentación do programa e conferencia “A videocreación independente no Oriente Medio”  a cargo de Khaled D. Ramadan, Comisario do programa
Xoan Evans, xornalista e especialista estudos árabes

Proxectaranse os traballos Planet of the Arabs. 8 min. 2005. V.O.S. Jacki Salloum and We will win. 8 min. 2006. V.O.S.E. Mahmoud Hojeij

MÉRCORES 24 DE OUTUBRO - 18H
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
   

WE WILL WIN. 8 MIN. 2006. V.O.S.E. MAHMOUD HOJEIJ
Gañaremos’ Un intento por parte de tres homes en París de resolve-lo conflito palestino-israelí en oito minutos.

Mahmoud Hojeij. Nado en Beirut, no 1975, segue residindo na súa cidade natal. Cineasta e xornalista, é autor de películas sobre a relación entre o vídeo e a cidade.

   

JULY TRIP. 35 MIN. 2006. V.O.S.E. WAËL NOUREDDINE
Viaxe en Xullo’. Beirut, xullo do 2006. O bombardeo israelí golpea o Líbano. Waël Noureddine comeza unha viaxe polo seu país. Aínda que a película non é un documental, cuestiona os principios subxacentes do xénero. As cámaras captan un país nun estado de terror e gravan os efectos inmediatos da guerra nos civís.

Waël Nouredinne. Naceu no Líbano no 1978; actualmente vive en Francia. Escritor, poeta e xornalista, as súas películas reflicten a realidade dun xeito artístico e literario. O seu anterior filme, ‘Ça sera beau’ recibiu o Premio do Xurado no Festival de curtametraxes Clermond Ferrand.

   

REVOLUTION. 4 MIN. 2006. V.O. KHALED HAFEZ
Revolución’ Liberdade, igualdade social, unidade. “Cada revolución chega cun saco cheo de promesas incumpridas”. Reflexión sobre os resultados do golpe de estado no que, no 1952, en Exipto chegou ao poder un grupo de oficiais do exército.

Khaled Hafez. O Cairo, 1963. Compaxinou os seus estudos de Medicina cos de Belas Artes. Recibiu unha bolsa Fullbright coa que continuou os seus estudos nos Estados Unidos. As súas obras veñen de ser expostas en museos como a Tate Modern (Londres) ou o Museo de Arte Contemporánea de Copenhaguen.

   

OBJECTS. 67 MIN. 2006. V.O.S. VALSALAN KANARA
‘Obxectos’. Hassan Sharif é un artista internacional de arte audiovisual contemporánea nos Emiratos Árabes. Representa a súa arte, a súa vida, o seu punto de vista e a súa relevancia na arte contemporánea do seu país. Este documental tamén fala sobre o diálogo entre catro artistas contemporáneos (Mohammed Kazam, Hussain Sharif, Mohammed Ahmed Ibrahim e Abdullah Al Sa’adi dos Emiratos Árabes).
Valsalan Kanara. Director e guionista hindú, actualmente vive en Dubai. Produtor executivo e director de programación da produtora Time Vision.

   

THE OTHER ORANGE. 20 MIN. 2005. V.O. HASSAN CHOUBASSI
A outra laranxa’. Unha cinta que amosa Beirut dende a distancia doutra cidade: Amsterdam; a existencia física e social, os choques entre política e cultura baixo circunstancias de ‘melancolía urbana/morriña’ nunha cidade con fixación pola súa imaxe.

O libanés Hassan Choubassi é licenciado en Belas Artes e Deseño Publicitario e posgraduado en Medios Dixitais. Traballou como profesor en diversas universidades libanesas compaxinándoo con proxectos artísticos, instalacións, vídeos e deseños.

   

NOT FROM HERE. 2 MIN. 2005. V.O. MIREILLE ASTORE
Non de aquí’. Curtametraxe que enfronta a fotografía histórica mentres se modifica ante os nosos ollos. Enfronta a idea da formación de identidade subvertida na hexemonía da narrativa histórica do Oeste. Escordando o ‘axeitado e correcto’, enfronta os estereotipos sobre raza, xénero e clase.

Mireille Astore. Beirut, 1961. Artista, poetisa e estudosa. Obtivo o National Photographic Art Prize no 2003. O seu traballo vén de ser exposto en máis de 15 países. Doutora en arte contemporánea na University of Western Sydney (Australia).

XOVES 25 DE OUTUBRO - 18H
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
   

HAPPY DAYS. 3 MIN. 2006. V.O. LARISSA SANSOUR
Días felices’ é unha cinta que expón o día a día da vida palestina baixo a ocupación israelí. Nela podemos ver fotografías dos territorios ocupados acompañadas pola sintonía do serial dos setenta ‘Happy Days’, que contrasta coas imaxes. A idea é subxuga-la política internacional a un formato habitualmente asociado ao entretemento e dese xeito chama-la atención sobre o esquecido.

   

MLOUKHIEH/SOUP OVER BETHELEM 10 MIN 2006 V.O.S. LARISSA SANSOUR
Sopa sobre Belén’ presenta un estereotipo renegociado. A fala árabe arredor da mesa da cea é interrompida polo inglés. Os membros da familia teñen unha gran variedade de pasaportes internacionais, traballos e niveis culturais. A diáspora presente en cada familia palestina amósanos unha vida globalizada baixo as restricións da ocupación.

Larissa Sansour, 1973. De nai rusa e pai palestino, vive en Copenhaguen, Dinamarca. Licenciada en Belas Artes en Londres, e Máster pola New York University. As súas obras teñen unha gran proxección nos circuítos artísticos.

    THE BEAUTIFUL LAND. 48 MIN. 2006. V.O.S.E. KAYA BEHKALAM
A terra fermosa’. Un home que segue o rastro da súa familia de volta a Irán, país de procedencia de seu pai. Pero a súa idea orixinal- facer unha película sobre a súa familia- cóbrese axiña de dúbidas. Unha película sobre facer películas, unha película sobre a idea de non facer películas.

Kaya Behkalam. Naceu en Berlín no 1978, onde segue residindo. Licenciado en Comunicación Audiovisual e Deseño Gráfico polas Universidades de Berlín, Bristol e Bombai. Cineasta e comisario artístico.
   

ISLAMIC STAR. 6 MIN. 2005. V.O. SHAHRAM ENTEKHABI
Estrela islámica’. Entehkhabi vestido coma un musulmán ortodoxo cunha estrela verde móvese pola cidade. Trata a tensión entre a idea occidental do fundamentalismo musulmán e a percepción dos musulmáns como un potencial perigo para a seguridade pública e a visión dos musulmáns como vítimas do prexuízo e a exclusión.

Shahram Entekhabi. Artista e arquitecto iraniano cuxos traballos foron exhibidos en todo o mundo. Actualmente vive e traballa entre Berlín, Londres e Teherán. As súas instalacións, performances, vídeos e arquitecturas tratan frecuentemente o tema da visibilidade-invisibilidade.

   

ALWAYS LOOK THEM IN THE EYES. 65 MIN. 2007. V.O.S. AZZA EL-HASSAN
Míraos sempre aos ollos’ ¿Quen dixo que os inimigos non se comunican entre eles en tempos de guerra? De feito, a violencia, a decepción, o medo ao outro, son ferramentas de comunicación entre dous bandos combatentes. Este é un documental que examina os medios empregados polos palestinos para comunicárense cos israelís.

Azza El-Hassan. Nada no 1971 en Xordania, actualmente vive en Palestina. Licenciada pola Universidade de Glasgow, cun Máster en Televisión Documental pola Universidade de Londres. Os seus traballos foron producidos e proxectados por canles como a BBC ou a ARD, entre outras.

   

IFTAR. 8 MIN. 2004. V.O. AYMAN RAMADAN
Este vídeo é unha reconstrución do típico Iftar (o xantar nocturno co que se rompe o xaxún do Ramadán) nunha rúa do centro do Cairo. O paralelismo coa ‘Derradeira cea’ de Da Vinci emprégase como unha ferramenta poderosa que subliña un dos aspectos máis importantes de dúas relixións, xa que ámbalas dúas se consideran as verdadeiras posuidoras das nocións de igualdade e xustiza social.

Ayman Ramadan. Reside no Cairo. Escritor e artista, no máis amplo senso da palabra, as súas obras veñen de ser expostas en museos en Exipto, en mostras colectivas ou instalacións en solitario.

VENRES 26 DE OCTUBRE - 18H
--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------
   

ISTANBUL, WHY?. 34 MIN. 2005. V.O.S.E. RENE GABRI
Istambul, por que?’. O vídeo conta a historia de oito horas de vagabundeo pola cidade, a falta de familiaridade con moitos dos seus aspectos, a inocencia ó descubrir un lugar descoñecido e as pantasmas dun pasado sempre presente e imposible de borrar.

Gabri Irán. Vive en Nova York, emprega o cine, o vídeo, o son e o texto explorando un amplo espectro de temas. Foi profesor na Universidade de Arquitectura de Venecia e na City University of New York en Staten Island (Nova York).

   

GOOD MORNING AT NIGHT 11 MIN 2005 V. O. S. E. NAOKO TAKAHASHI
Bos días á noite” é un documental experimental que trata a idea de empregar a interpretación como un xeito de pescuda, facéndolle preguntas á xente nun ambiente alienado, e tamén explora o uso de documentación verbal da acción e a reacción na linguaxe poética. Reflexións sobre o status, a raza, a clase, o xénero, a lingua e a identidade na sociedade.

Naoko Takahashi. Nada en Xapón no 1973, vive e traballa en Londres. Licenciada polo Chelsea College of Art & Design  e  Máster en Arte Audiovisual pola Slade School of Fine Art (Londres), as súas obras foron exhibidas en museos e festivais de cine experimental, e premiadas en numerosas ocasións.

   

LUBNAN/HARB (LEBANON/WAR). 47 MIN. 2006. V.O.S.E. RANIA STEPHAN
Líbano/Guerra’ Filmada na urxencia da guerra de xullo do 2006 dirixida por Israel contra o Líbano, esta serie de 8 películas curtas trata de rescatar unha ollada humana a estes tráxicos e violentos acontecementos fóra da cobertura acostumada dos medios de comunicación.

Rania Stephan. Nada no Líbano, na actualidade reside en Beirut. Licenciada en Cine pola Universidade Latrobe de Melbourne, Máster pola Universidade de París. Traballou como técnica de son, cámara, editora, axudante de dirección e produtora.

   

VISIONS OF A CONTAMINATED MEMORY. 6 MIN. 2007. V.O.S. KHALED HAFEZ
Visións dunha memoria contaminada’ “Hai algún tempo decidín revivir as miñas lembranzas á miña maneira. Miro as noticias cos meus dous fillos, baixamos o volume a cero, e apostamos sobre o que din os protagonistas: xeralmente non hai noticias, só mensaxes improcedentes recicladas”.

Khaled Hafez. O Cairo, 1963. Compaxinou os seus estudos de Medicina cos de Belas Artes. Recibiu unha bolsa Fullbright coa que continuou os seus estudos nos Estados Unidos. As súas obras veñen de ser expostas en museos como a Tate Modern (Londres) ou o Museo de Arte Contemporánea de Copenhaguen.

   

JUNE, 2006. 28 MIN. 2006. V.O.E. MOHANAD YAQUBI
Xuño, 2006’. ¿Como se determina qué é unha TV comunitaria? ¿Como funciona?. A resposta é: experimentando, cada un coas súas ideas propias, porque se trata de atopar solucións, non académicas, enfrontándose a problemas sociais racionais e intentando acumular respostas…

Mohanad Yaqubi. Nado en Kuwait, no 1981, na actualidade reside en Palestina. Traballou como fotógrafo, pintor, actor, produtor, editor, director artístico e axudante de dirección.

   

STARRY NIGHT. 7 MIN. 2006. V.O. MAZEN KERBAJ
Noite estrelada’. Unha película musical baseada na gravación en directo do trompetista Mazen Kerbaj e dos bombardeiros israelís.

Mazen Kerbaj. Naceu no 1975, vive e traballa en Beirut. Trompetista e artista gráfico, ten publicados dez libros. As súas obras foron expostas en numerosos museos e editadas en revistas do Líbano e Europa. (http://mazenkerblog.blogstpot.com)

Web design by: POLBOGRAPHIX